Pereiro

 

 

Nascido em  A Coruña, Galiza, 1959, ten colaborado nas revistas de humor Can sen dono, XO! A voz que para as bestas, O Farelo e nos periódicos “A Peneira” e “A Nosa Terra”. Varias antoloxías recollen a súa obra: “Os humoristas e a reconversión”, “Humor galego ao 88”, “Antoloxía Internacional de Humor Antirracistacon multiedición nas linguas da Comunidade Europea (Université René Descartes, Paris, Prize Evens Foundation, 1999), así como o Boletín Sapoconcho e o Catálogo Curuxas editados polo Museo do Humor de Fene.

Ten formado parte da embaixada que representou ao humorismo gráfico galego na VIII Bienal Internacional do Humor celebrada en Cuba (La Habana e San Antonio de los Baños, 1993).

No ano 2000 convence ao xuri internacional dos PremiosCastelao” de Humor Gráfico (Pontevedra) que premia seis dos seus chistes.

Desde o ano 2001 participa no Salão Luso-Galaico de Caricatura que ten lugar en Vila Real (Portugal) e Ourense (Galiza) da man da Humorgrafe Editora.

No 2002 coloca chistes na I Bienal Internacional de Humor Raiano (Idanha-a-Nova) e na Festa Internacional da Caricatura (Lousã e outras localidades do centro de Portugal), catálogos editados pola Humorgrafe.

No 2003 colabora coa iniciativa itinerante “Humor Crú”, exposición sobre a marea negra verquida polo petroleiro “Prestige” nas costas galegas (Museo do Humor de Fene, Casa Dopeso en As Pontes, Carballo, Narón, Malpica e  Salvaterra do Miño), na exposición internacional “O humor na música” artellada polo Centro Socio-cultural de Sober (Lugo), no Salón Internacional de Humor Gráfico Oscar AbínGaucher”, Museo del Humor y la Historieta Julio E. SuárezPeloduro”, Fundación Lolita Rubial, Minas (Uruguay), na 3ª Biennal Internacional d´Humor de Catalunya (Col-lectiva de Dibuixants Gallecs, Humoràlia, Lleida), Salão de Humor do Piauí (Teresina, Brasil), Leng Mu International Cartoon (Nanjing, China), 5º Salão Internacional de Humor de Caratinga (Minas Gerais, Brasil) e tamén en “Os humoristas gráficos galegos e a Guera Civil” (Museo do Humor, Fene).

No 2004 colabora no 2.Uluslararasi Molla Nesreddin Karikatur Yarismasi (The Cartoonists Union of Azerbaijan), no 2nd Int´l Cartoon ContestPalestinian are homeless” da Iranian House of Cartoon, no Baku International Cartoon Contest (Azerbaijan), na Humourfest (Comune di Foligno, Italia) e no Obeid Zakani Cartoon Festival (Tabriz, Irán).

 

Xosé Luís Martínez Pereiro

R/ Boavista, 31-33, 1ºA

CP 15006 – A Coruña, Galiza (Spain)

Telefone: 659546489

 e-mail: xlmpereiro@mundo-r.com

 

 

 

 

 

 

 

 

O INSURRECTO

 

1.- Non sei como dicer-lle á ruminante de Mónica que xa se acabou a química entre nós e da física pouquiño queda, apenas algúns movementos mecánicos, feitos sen pensar e alimentados na inércia do recordo. A culpa desde logo é compartida, hai tempo que as histórias de parella se cociñan entre dous, pero esa teima miña en ver as mulleres que conquisto con aparéncia de animal non axuda nada. Nerea, a dos ollos felinos, vin-na como tigresa e acabou rabuñando-me os ventrículos; Luísa parecia máis unha rata, só entendia o sexo con finalidade de procriar e a vulva de Perla Mazaira non podia corresponder máis que a unha ostra de tanto que aborrecia ao intentar abrila.

É curioso, mentres non aparece a metáfora animal non hai nengun obstáculo, a relación marcha como a seda ou como o algodón sempre porcentual, conversa animada, beixos, intercámbio de confidencias, moito tacto, pero merda! esa de Crendes era un pouco lagarta, aqueloutra unha porca, a de máis alá choutaba como un canguro e non paraba de ensinar a súa bulsa marsupial ao barbeito e Mónica, a actual, a que nun princípio catalogara como gacela polos seus andares de antílope, vaise-me parecendo outro ruminante. O típico, engordou como unha vaca e perdeu o atractivo, pensarán alguns. Trabucan-se, a fisonomia que me suxire Mónica é a da cerva -coidado, quero que se me entenda, non o digo pola simboloxia da cornamenta do exemplar macho, non, por ahí non van os tiros, de ser así non teria inconveniente en contalo-.

Que ten de negativo ser cerva?, perguntarase máis dun. A explicación é sinxela. Vaia por diante que non son nengun obseso, sei que cada cousa ten o seu momento, que para todo fan falta intervalos, que a pesar de calzar un 43 igual que Xesuscristo non vou de mártir pola vida. O que pasa é que a cerva só ten intercámbio sexual unha vez ao ano e eu son pouco paciente.

 

@ Xosé Luís Martínez Pereiro

A Coruña, Galiza, xaneiro de 2004